A COMER ...
Dúas das características máis representativas da gastronomía galega son, por unha banda, a calidade das súas materias primas, ben procedan éstas do mar ou da terra, e pola outra, a sinxeleza da súa cociña, o que a dota dunha frescura difícil de atopar noutras latitudes.
Na Taberna A´DE LINO atoparemos un amplo mostrario de receitas que exemplifican á perfección ámbalas dúas calidades: todo un repertorio de táboas de embutidos para ir entrando en materia, os sempre apetecibles mariscos, gambas, navallas, nécoras... auténticos protagonistas da nosa cociña xunto a outros ilustres habitantes da nosas rías: o polbo, a pota, as luras, etc.
Tamén se nos ofrece a posibilidade de gozar de pratos máis contundentes: callos , orella, chourizo (ó viño, á sidra ou ó inferno), as típicas empanadas de fariña de trigo e de millo, as tortillas, revoltos e acompañantes coma os famosos pimentos de Padrón e ensaladas variadas.
Pero unha das sorpresas máis agradables que A´DE LINO lle ten reservada ó noso padal atópase no seu amplo surtido de postres caseiros: filloas, tetiña con mel ou con marmelo, arroz con leite, kiwi con mel, torta de queixo e a especialidade da casa, a torta de galleta con chocolate.
. ...E a BEBER
Pero unha boa sesión de "tapeo" non é completa se non a acompañamos cun bo viño, e bos son os mencías, albariños, ribeiros e godellos procedentes de diversas zonas da xeografía galega, así como os viños da Rioxa, Ribera del Duero, Navarra, Toro e Extremadura. Todos eles con denominación de orixe e representados polas mellores marcas na ampla carta que na Taberna A´DE LINO atoparemos á nosa disposición.